Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

domingo, 10 de abril de 2011

Dúas recomendacións de aventuras

Queres encher o teu cuarto de aventuras? Deixámosche estas dúas recomendacións de dous clásicos de aventuras para o teu tempo de lecer.

Robinson Crusoe é unha das máis coñecidas novelas de aventuras. Conta a historia dun home que naufragou preto dunha illa deserta e pasou nela máis de vintecinco anos. O protagonista ten que comenzar a vivir prácticamente dende cero, enfrontándose aos desafíos da vida salvaxe e á terrible carga da soidade. Parece que Dafoe inspirouse nun caso real: a historia do mariñeiro escocés Alexander Selkrik, que foi abandonado nunha illa preto da costa de Chile (que hoxe chámase "illa Robinson") e logrou sobrevivir durante cinco anos, ata que foi rescatado. Para ver a edición en galego, preme aquí.






As viaxes de Gulliver publicáronse por primeira vez no ano 1726. Fíxose de seguida moi popular e, amais de senta-lo máximo precedente clásico da literatura de ciencia-ficción e social-ficción, rebordou as fronteiras da literatura para pasar a formar parte da mitoloxía. E isto conséguese cunhas claves indispensables a sátira, a ironía, a burla e o sarcasmo, a relatividade do punto de vista, a perspectiva, o argumento ferinte pero amablemente exposto... todo adobiado cun envexable sentido do humor. Para ver a versión en galego, preme aquí.



viernes, 1 de abril de 2011

Xogando a ser científicos

nQuire é o nome dunha nova ferramenta creada por investigadores das universidades de Notihingan e Open (Reino Unido) para desenvolver o pensamento científico do alumnado; é dicir: aprender a facer unha investigación rigorosa en escenarios reais. O programa guíalles a través do proceso de investigación propoñendo hipoteses, facendo preguntas, deseñando a recollida de datos e probas...O programa é libre e pódese descargar dende a súa páxina.

Ver o artigo de Patricia Matey en "EL Mundo"

viernes, 25 de marzo de 2011

Pensamento crítico

Pensamiento crítico é unha sección do interesante portal DocuCiencia (Tus documentales a un solo click). Reúnense aquí documentais sobre física, tecnoloxía, bioloxía e outras ciencias. O obxectivo desta sección é potenciar o escepticismo científico ante aquelas lendas urbans que proliferan na cultura popular, así como previrnos das estratexias de persuasión nas que están baseadas. Un exemplo non exento de polémica:

martes, 15 de marzo de 2011

Coñeces os libros electrónicos (e-books)?


Lectoreselectrónicos. com Fantástica páxina para coñocer o mundo dos libros e lectores electrónicos. Moi completa, útil e actualizada para estar ao cabo desta nova forma de ler. Entre outras moitas, son interesantes as seccións de ¿Qué comprar? Preguntas frecuentes sobre qué tipo de e-reader comprar, características, pantallas, funcionalidades... Sección descargas. Todo tipo de conversores, manuais, firmware, utilidades varias, diccionarios...E-readers en acción, onde se nos presentan videodemostracións de diferentes lectores electrónicos.

Territorio Ebooks. Lecturas sin fin. A Fundación Germán Sánchez Ruipérez puxo en marcha o programa Territorio Ebook, lecturas sen fin (2009-2011) co obxectivo de analizar o impacto que esta nova forma de ler vai provocar entre os lectores. Trátase dunha investigación pioneira sobre as implicacións que comporta a introdución dos libros electrónicos nas aulas, as bibliotecas e as universidades; tres espazos de lectura que é necesario reinventar, tres pilares para un programa de longo percorrido: Ebook e Escola, Ebook e Biblioteca, Ebook e Universidade. (Vía, Territorio Ebooks)


Ebooks. Nesta páxina dásenos ampla información sobre a historia dos e-books, os diferentes formatos, software para construir ebooks, para lelos, ventaxes e inconvintes... etc.

Creación de ebooks. 11 programas, descargarbles dende aquí, para a creación e conversión de e-books.

Gestores de e-books. 6 programas para xestionar e visionar os nosos e-books.

Epubreader. EPUBReader é un complemento de Firefox co que  podes ler arquivos ePub sen necesitar programas adicionais.

QualityEpub é un programa gratuito para Windows que permite xenerar un epub a partires dun documento Word.