Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Quiosco

Estar informados enriquece a nosa comunicación, fainos máis lúcidos, críticos e libres, axúdanos a pensar e decidir e amplía a nosa minúscula realidade abríndonos a xanela do mundo. Aquí tes unhas boas ferramentas para estarmos permanentemente informados.

Google noticias. Noticias permanentemente actualizadas de máis de 700 fontes de información en español. Ademáis ten utilidades como personalizar as seccións según os nosos intereses informativos ou crear alertas de noticias para o noso e-mail.
Kiosco.net. Portal onde se recollen múltiples ligazóns á prensa on line, organizados por temática e países. Ademáis, ofrécenos ligazóns a radios, televisións, guías de programación, etc.

Kiosko.net. Páxina visual coas portadas dos principais periódicos do mundo, permanentemente actualizadas e co seu correspondente ligazón á súa edición dixital.

Miramedios. Información xeral sobre os medios de comunicación españois (televisión, radio, revistas...).

News Map. Para ver un "mapa de noticias" da prensa mundial. Aquí, dun modo gráfico vemos as noticias que son más lídas en todo o mundo. Organizado por países e seccións de prensa, amosa en imáxes un análisis comparativo das informacións máis destacadas en cada sección da prensa dun país. O tamaño da letra indícanos  a importancia das mesmas. Deste xeito sabemos de qué se está a falar nesta aldea global.

Paxinas.com Buscador de noticias dos medios de comunicación galegos, boletíns, blogs e web. Ampla, interesante e útil para saber o que se publica en Galicia.

Biblioteca virtual de prensa histórica. Ministerio de Cultura en colaboración con las CC.AA. ten a disposición dos internautas máis de 2.000 cabeceras de periódicos editados en España entre os anos 1777 e 2005. Ten buscador por palabras, por datas, títulos, lugares e estatísticas. Unha das máis importantes no panorama internacional.




No hay comentarios:

Publicar un comentario